Doce exposicións fotográficas en Carballiño neste mes de decembro

As obras poden visitarse en diferentes localizacións de Carballiño

A Asociación Fotográfica “ O Potiños “ , en colaboración co Concello do Carballiño, está a desenvolver a fase final do Arenteiro Fotográfico. Doce exposicións marcan este mes de decembro con Ana Iglesias, na Casa Consistorial, onde expón os seus retratos; no Casino do Carballiño, Alba Pereira expresa a súa visión de temas como a ansiedade ou a depresión; e no Asador Veracruz , A Asociacion Os Negativos de Viveiro presentan imaxes do mar. Tamén hai dúas exposicións na rúa principal, unha do FotoForum de Santiago, mentres que Ollo Atlántico da Coruña, expón o traballo de cinco fotografos.

No Hotel Arenteiro está a colección do Concurso sobor Carballiño e no Pazo da Almuzara están as fotos do Concurso Libre. Así mesmo, a sala de exposicións do Auditorio Manuel Maria acolle dúas mostras, unha de Fotosintesis de Ourense co seu traballo “Reflexos” e outra de Brais Lorenzo sobre “Tempos de pandemia”.

A Cafeteria Peñasco mostra “Maruja, nove fotógrafos escoitan e ven un conto”; Na Cafetería Plaza está  o traballo de Corina Rodriguez con “Boborás natural” e, nas Galerías Ango, sigue a exposición de Potiños “A Insua dos Poetas”, mentres que en Cosaga Ourense está Poti Expo2020. Pecha a serie a mesma asociación carballiñesa con “Inspiración”, na sala multifuncional de Ferreira de Pantón.

Te puede interesar