Dúas carretas típicas das festas andaluzas animaron as rúas na ‘Feira de Abril’

As carretas ‘La Campana’ e ‘La ‘Cordobesa’, de Sevilla, percorreron onte as rúas do Carballiño para convidar a veciños e visitantes á celebración da ‘Feira de Abril’, promovida por oito locales de hostelería coa colaboración da Concellería de Cultura. Trátase de dúas carretas típicas andaluzas, unha con dous cabalos e outra con un, que teñen participado tanto na feira sevillana coma na romaría da Virxe do Rocío do vindeiro mes de maio.
Se ben a choiva e o vento fixeron a súa aparición na xornada do sábado, a organización do evento lúdico que se desenvolve na Praza do Emigante da vila confía nunha mellor afluencia de xente ó longo do mediodía, a tarde e a noite de hoxe. Asemade, haberá unha exhibición de baile ó cargo das escolas de danza de sevillanas do Carballiño e da ourensá ‘Nati Fleta’ na carpa cuberta situada na Pista Roxa. A oferta de ‘pescaítos’, gambas, xamón e viño de Jerez manterase ata a clausura do festexo, prevista para última hora.

Ofertas

Mentres, os locales de tapas do contorno como son o ‘Mesón do Pulpo’, ‘O Pipote’ y ‘La Tajá’, ubicados nas rúas Marcelino Parrondo, Curros Enríquez e Avellanosa, respectivamente, tamén presentan racións de peixes, gambas e pementos, acompañados por unha botella de viño a un prezo de 12 euros. Por outra banda, na mesma Praza do Emigrante, a Asociación de Comerciantes ten montada unha tenda árabe onde se proporciona información ós cidadáns encol das vantaxes do novo Centro Comercial Aberto e das vindeiras campañas de promoción de compra que promoverá a entidade.

Te puede interesar