Dúas mocións piden a apertura da Residencia do Tempo Libre

A confirmación por parte da Xunta do funcionamiento da Residencia do Tempo Libre do Carballiño durante só catro meses neste ano -o servizo sufre unha reducción paulatina do tempo de actividade dende o 2009- levou os grupos da oposición, PSdeG e BNG, a presentar sendas mocións ó pleno.
Coa súa moción, os socialistas pretenden 'que se recolla o compromiso sen fisuras de instar á Xunta na procura dunha solución viable que pense nos traballadores (27 en total) e no propio funcionamento da Residencia do Tempo Libre'. Incidindo en que a reducción no seu funcionamento 'supón un ataque a sectores económicos fundamentais na nosa vila coma son a hostelería, o comercio e o turismo'. Os socialistas manifestan su 'total solidariedade' cos traballadores, apostando tamén por este servizo.

A portavoz nacionalista, Aurea Francisco, solicita a creación dunha comisión con todolos grupos políticos, co cometido de realizar un estudio de viabilidade e optimización da residencia para que permaneza aberta todo o ano. Ademais de dirixirse á Xunta tamén propon contactar coa Federación Galega de Municipios e Provincias 'para ofertarlle as instalacións e que puideran realizar calquera tipo de eventos que consideren os distintos concellos, e tamén estudiar a posibilidade de crear un centro dependente da Uned'.

Te puede interesar