Dúas mostras conciencian ós alumnos sobre o medio ambiente

Con motivo do Mes do Medio Ambiente, o Instituto nº1 do Carballiño ten programadas unha serie de actividades encamiñadas a desenvolver hábitos e condutas respectuosas desde o punto de vista medioambiental entre o seu alumnado. Entre estas actividades, destacan dúas exposicións: 'Como vivir sen acabar co planeta', elaborada a partir do traballo do alumnado de Bacharelato do propio centro, onde se mostra que comportamentos son os axeitados para coidar e protexer o medio ambiente. A exposición durará todo o mes de xaneiro e parte de febreiro.
A outra e sobre o 'Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible', exposición cedida polo CEIDA, (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) que lembra as dramáticas consecuencias da catástrofe do Prestige ocorrida hai dez anos. En relación con este desastre, haberá proxeccións de vídeo-documentais que ilustren o ocorrido durante aqueles días. Terá lugar desde o día 28 de xaneiro ata o día 8 de febreiro.

Por outra banda, prográmanse dúas conferencias, unha a cargo de Pablo González Cuadra (doutor en Xeoloxía pola Universidade de Salamanca): 'Xeoloxía Ambiental: Riscos xeolóxicos e recursos' ( luns 14, ás 11,35 horas), e outra de Benito Cid Álvarez (enxeñeiro de Iberdrola, xefe do Centro de Produción de San Esteban): 'A enerxía hidroeléctrica en relación coas enerxías renovables (mércores, 23 ás 10,45).

Te puede interesar