Os ecoloxistas queren que se aclare a morte dos cans

A última resolución do Xulgado de Carballiño sobre o arquivo da denuncia dos ecoloxistas, foi o motivo para que Amigos da Terra tramitara un novo recurso de reforma contra esa decisión que novamente quere deixar a situación acontecida na Medela como unha infracción administrativa. Así o manifestaba onte a entidade a través dun comunicado.
'A infracción administrativa á que alude o Xulgado versaría sobre a falta de sanidade polo soterramento dos máis de 70 cans mortos e arroxados nunha fosa sen autorizar', matiza a asociación, que fai reiterada mención no seu recurso aos acontecementos que se denunciaron e que teñen que ver 'ca alarmante situación medioambiental e de maltrato animal que alí se presenciou en marzo de 2009'.

No mesmo senso, engaden que 'é necesario saber cales foron os motivos polos que morreron máis de 70 cans sen que houbera rexistro das mortes, nin avaliación por veterinario ou facultativo. A declaración testemuñal dos operarios da canceira e dos responsables municipais da mesma, coma a concelleira de medio ambiente, son probas esenciais'.

Te puede interesar