COMERCIO LOCAL

Elevada afluencia á Feira do Stock do fin de semana

<p></p>

Nas casetas instaladas no recinto da Praza Maior carballiñesa podíase atopar calquera tipo de producto con descontos de entre o 40% ó 70%

Roupa e calzado para adultos e nenos, complementos, reloxos e bisutería, entre outros, foron os artigos ofertados a prezos reducidos polo Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA) durante esta fin de semana. Foi a novena edición da "Feira do Stock" que organiza esta agrupación de comerciantes, na que participou un total de 24 establecementos da vila e que onte pechou as súas portas.

Nas casetas instaladas no recinto da Praza Maior carballiñesa podíase atopar calquera tipo de producto con descontos de entre o 40% ó 70%, en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas dende o pasado venres ata onte, domingo. As suaves temperaturas motivaron a moitos veciños e foráneos a achegarse ata esta feira, que complementa a outras campañas de promoción que o CCA leva a cabo durante o ano.

Ademais, nas noites do venres e do sábado, seis dos nove locales de hostelería asociados tamén se implicaron coa elaboración de pinchos variados, que os clientes degustaron ó prezo dun euro para acompañar as bebidas.

Te puede interesar