ENCONTRO

A competividade e o emprego, centros da reunión entre empresarios de Carballiño e Francisco Conde

photo_camera Un momento da intervención do conselleiro Francisco Conde. (MARTIÑO PINAL)

No encontro avaliáronse diferentes liñas de actuación conxuntas para seguir a dinamizar a economía local

 A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou nos últimos anos no Carballiño diferentes iniciativas empresariais e de fomento do emprego con máis de 8 millóns de euros. Así o transmitiu  o conselleiro, Francisco Conde, na xornada de networking na que participou con empresarios locais co obxectivo de trasladarlles as principais liñas de actuación da Consellería, que ten activados xa neste primeiro mes preto do 70% dos programas de axudas para este 2016, con convocatoria abertas que suman 185 millóns de euros. Destacou que máis do 50% das axudas están destinadas á creación de emprego e lembrou os apoios por 22 millóns que vén de activar o Igape para impulsar os investimentos empresariais e proxectos da Industria 4.0. Tamén se referiu o programa Galicia Inviste e resaltou a aposta pola internacionalización, con convocatorias por 9,5 millóns de euros. 

Conde falou do programa Conecta Peme, a cuxa terceira convocatoria se destinan 25 millóns de euros e de outro, dotado con 9,5 millóns, para promover o aforro e a eficiencia enerxética nos sectores industrial e de servizos, ademais de diferentes liñas para impulsar o uso da biomasa, con 8,4 millóns, e o comercio de proximidade, con 5,7 millons. 

Te puede interesar