Tres empresas optan a renovar o abastecemento de Magros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu as ofertas de tres empresas para executar as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no lugar de Magros, no Concello de Beariz, que foron licitadas por un orzamento de preto de 93.000 euros.

O obxectivo deste proxecto é impulsar as actuacións necesarias para dotar dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo.

A intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado en xuño entre a Consellería de infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Beariz. Segundo este convenio, a Xunta asume o 80% do investimento, ademais de levar a cabo a contratación, execución, dirección e xestión das obras. Os traballos contan
cun prazo de execución de catro meses. Pola súa banda, o Concello contribuirá co 20% restante.

Te puede interesar