Unha enquisa determinará as melloras nas viaxes á cidade

O concelleiro de Medio Ambiente e Obras do Carballiño, Bernardo García, apuntou onte que 'a optimización do transporte de viaxeiros por estrada entre a vila e a cidade pasa por coñecer as necesidades dos seus usuarios'. Por iste motivo, o Concello carballiñés encargará unha enquisa 'entre aqueles traballadores, funcionarios e estudantes que deben desprazarse ata Ourense'.
Bernardo García mantivo unha entrevista conEnrique Rivera, xefe provincial de Mobilidade da Xunta, a fin de expoñerlle as carencias actuais do servizo que a empresa Monbús está a prestar para o traslado dos carballiñeses. Neste sentido, o representante do departamento de Transportes manifestou a súa intención de dirixirse a esta concesionaria co obxectivo de optimizar os horarios que, según o edil 'non se axustan á demanda dos cidadáns'.

Te puede interesar