Os escolares aprenden sobre a xestión de residuos

Escolares do CEIP Roberto Blanco Torres da Peroxa, do CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro do Carballiño e de Nais Franciscanas de Ourense, recibiron, da man de Sogama, clases específicas sobre xestión sostible de residuos urbanos.

Esta formación enmárcase no programa educativo “Recíclate con Sogama” 2021-2022, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta, e no que participan un total de 24 centros de Primaria de toda Galicia, entre os que se atopan estes tres ourensáns.

O obxectivo é inculcar entre a comunidade educativa as boas prácticas na correcta xestión dos residuos urbanos, incidindo na prevención e a redución, a través dun consumo responsable; na reutilización, alongando a vida útil dos produtos ata a súa conversión en refugallos; e na reciclaxe, separando previamente os materiais por tipoloxías.

Te puede interesar