O CARBALLIÑO

Escolares carballiñeses buscan espazos en desuso

uploaded_presas_result
photo_camera O ex alcalde de Cea, Hipólito Presas (no centro), acompañou ós alumnos.

Un grupo de alumnos de 3º de ESO do IES Chamoso Lamas do Carballiño participa este ano no programa Fotografía en curso, da Consellería de Educación

Un grupo de alumnos de 3º de ESO do IES Chamoso Lamas do Carballiño participa este ano no programa Fotografía en curso, da Consellería de Educación, que conta coa colaboración do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). O traballo fotográfico que desenvolven céntrase en recuperar a memoria e a historia de diferentes espazos abandonados ou en desuso da comarca, e contan para elo coa cordinación e dirección da fotógrafa Marta Moreiras, acompañados dun grupo de profesores que participa no proxecto. O mércores pasado comezaron o seu traballo visitando a antiga fábrica de papel de Lousado, onde foron recibidos polo seu actual propietario, Hipólito Presas, e polo artista Manuel Estévez, que ten comisariado diferentes exposicións no propio espazo da fábrica.

Ao mesmo tempo que realizan o seu traballo fotográfico, os alumnos investigan a historia dos espazos que visitan, recopilando información oral, escrita e gráfica sobre os mesmos. Ise mesmo día visitaron tamén a torre do edificio da Estación do tren.

Te puede interesar