Os escolares de Carballiño inauguran o Festival do Teatro Galego

Os escolares no Auditorio Manuel Maria.
photo_camera Os escolares no Auditorio Manuel Maria.

O Festival de Teatro Galego comezou con "Antón, un neno diferente" de Barafunda Teatro, e hoxe continúa con "O pequeno poni" de Redrum Teatro no Auditorio Manuel María, dirixido por Carlos Ledo

O Festival do Teatro Galego abriu onte o telón invitando aos escolares dos distintos centros educativos e aos usuarios do centro ocupacional a asistir ao espectáculo infantil “Antón, un neno diferente”, que puxo en escena a compañía Barafunda Teatro, baixo a dirección de Luis Vázquez e formando parte do elenco Nerea Rodríguez, Luis Vázquez e Aldara Vázquez.

Hoxe comezan as sesións para adultos coa montaxe “O pequeno poni”, de Redrum Teatro. Será ás 20,30 horas no Auditorio Manuel María. A obra está dirixida por Alex Sampayo e a representación corre a cargo de Guillermo Carbajo e Laura Míguez, cunha duración de 65 minutos.

O Festival do Teatro Galego, baixo a dirección de Carlos Ledo, continuará outras dúas xornadas, presentando “As damas de Ferrol”, de Teatro do Noroeste, tamén as 20,30 horas do venres; e rematando o sábado con “Testosterona”, da compañía Malasombra.

Te puede interesar