Os escolares de Maside estudian o ciclo completo da seda natural

O colexio público Terras de Maside acolle desde onte o proxecto "Enredando, artesanía na escola"

O colexio público Terras de Maside acolle desde onte o proxecto "Enredando, artesanía na escola", concretamente a unidade didáctica O Gremio da seda, na que o alumnado participará no proceso de produción da seda, desde a cría e evolución dos vermes ata a extracción desta para a confección do fío na seguinte fase.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e ten por obxectivo achegar aos máis novos os oficios artesanais, contribuíndo así á promoción e posta en valor do sector artesán galego. A actividade, na que os alumnos continuarán a traballar o curso que vén, chegará a outros centros como os de Beariz, O Irixo e San Amaro.

Te puede interesar