MASIDE

Os escolares de Maside fixeron prácticas sobre hixiene dental

uploaded_maside_result

A odontóloga Jenny Jimenez, en colaboración coa clínica de Carballiño Denticlinic, impartiu unha charla.

Alumnos do colexio público de Maside participaron nunha actividade sobre hixiene bucodental. A odontóloga Jenny Jimenez, en colaboración coa clínica de Carballiño Denticlinic, impartiu unha charla e despois os rapaces tiveron que tomar unha pastilla que mostra a placa bacteriana da dentadura. Posteriormente procederon a cepillarse ata que a cor vermella desapareceu.
Os alumnos foron obsequiados cunha bolsa que contiña cepillo e crema dental e dentro de seis meses comprobarase si seguiron as instruccións.

Te puede interesar