As escolas de Danza e Teatro de Craballiño retoman a súa actividade

Volverán a funcionar con normalidade a partir do próximo 1 de novembro

As escolas municipais de Danza e de Teatro do Carballiño volverán a funcionar a partir do próximo 1 de novembro logo de abandonar a actividade en 2020 debido ás restricións impostas pola pandemia. A Concellería de Cultura do Carballiño decidiu que é o momento de reactivar as escolas, garantindo que se cumpran as medidas necesarias para que os usuarios poidan disfrutar das actividades con total seguridade. Para elo, vanse trasladar algunhas disciplinas como zumba e ritmos latinos ao IES Manuel Chamoso Lamas, mentres o resto se manterá no mesmo espazo dos últimos anos.

Co fin de facilitar e axilizar as inscricións, o Concello pon a disposición da veciñanza unha plataforma a través dunha APP que se chama Concello do Carballiño, na que tamén se poden facer os pagos. Ademais, para facilitar o trámite a aquelas persoas que o desexen, tamén se poderá facer a inscrición de forma física no departamento de cultura, tal e como se viña facendo nos últimos anos. O prazo de inscricións ábrese hoxe, ás 11,00 horas.

As disciplinas que se ofertan na Escola de Danza son: zumba, pilates, funky, ballet e ritmos latinos. A Escola de Teatro contará cun grupo infantil, un grupo de iniciación e outro de
avanzado. A partir do segundo membro da unidade familiar hai bonificación do 20% do importe das tarifas mensuais.

Te puede interesar