Espazo Común critica o estado da rúa Ourense, no Carballiño

O grupo municipal de Espazo Común do Carballiño vai manter este próximo sábado, ás 12,00 horas, no Bar Panamá, unha reunión informativa aberta a tódolos veciños da rúa Ourense que desexen acudir.

A razón principal é “o lamentable estado de abandono que presenta esta importante vía, eixe principal de entrada a Carballiño. O primeiro que ven moitos visitantes do noso pobo ao chegar son fochancas, beirarrúas desfeitas e maleza”, sinala este grupo da oposición.

Afirma Espazo Común que “hai xa tres anos que o alcalde Francisco Fumega vén anunciando que se van acometer unhas melloras indispensables e urxentes pero como é habitual no rexedor, moi
boas verbas e nin unha soa verdade”. Añade que “pagou e amosou proxectos de 2 millóns de euros que logo rebaixou por dúas veces; falou de cofinanciación da Xunta, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; e xa se perdeu a conta de cantos anuncios máis fixo”.

“Ante o cansazo que nos transmiten os principais afectados, os veciños desa rúa”, sinala este grupo que o próximo sábado os concelleiros Pachi Vázquez, Adolfo Nogueira e Érika Paz, manterán unha reunión para escoitar as súas opinións e así trasladalas ao próximo pleno “e ademais esixirlle ao goberno local que se deixe de enredar e cumpra o acordado”, conclúe.

Te puede interesar