Espazo Común demanda unha campaña sobre o punto limpo no Carballiño

Trátase de campañas informativas sobre o procecedementos para a recollida de enseres voluminosos

O grupo municipal Espazo Común presentou unha moción para que a Corporación aprobe en pleno solicitar á Deputación de Ourense, xestor do servizo de recollida do lixo, a realización de campañas informativas para concienciar e informar dos procecedementos para a recollida de enseres voluminosos; ademais da ampliación do horario de funcionamento do Punto Limpo e instauración do servizo de Punto Limpo Móbil no Carballiño.

“Moitos veciños do Carballiño asisten estupefactos nos últimos tempos a unha asombrosa proliferación do mobiliario retirado de fogares que pasa días e días xunto aos contedores do lixo por tódalas rúas e aldeas do pobo”, sinala Espazo Común. Este grupo da oposición considera que “as causas desta mala praxis por parte dalgúns cidadáns poden ser diversas pero é obvio que é a este Concello a quen lle corresponde poñer remedio a esta problemática”.

Te puede interesar