Espazo Común pide un pleno sobre o futuro centro de saúde

O grupo municipal Espazo Común solicitou un pleno extraordinaio monográfico para que o goberno local aclare algunhas dudas sobre a ubicación do novo centro de saúde. Este grupo quere saber se a decisión de ubicalo no solar da estación de autobuses xa é oficial e firme; si existe constancia documental no Concello do Carballiño deste acordo; e demanda información sobre cantas opcións de ubicación se remitiron á Concellería de Sanidade e cales foron os criterios que xustifican esta elección.

Nese sentido, pregúntase Espazo Común se o alcalde, Francisco Fumega, segue “a opinar o mesmo”, ca que “hai tan só uns meses cando dicía nuha entrevista que a posibilidade da estación de autobuses era moi mala”, sinalando que a superficie non é suficiente e que está nunha rúa saturada de tráfico e na que non hai aparcamento, recordando que o alcalde defendía daquela a contorna onde está o actual centro de saúde.

Por iso, considera este grupo da oposición que debería explicar os motivos do cambio de opinión ou se “vai posibilitar que a Xunta constrúa o centro de saúde nunha ubicación que o alcalde considera nefasta”.

Francisco Fumega declaraba que a elección foi da Administración autonómica, que lle garantizou que se habilitará aparcamento, e que está a espera de ver o anteproxecto para poder valoralo.

Te puede interesar