Espazo Común de Piñor rexeita por “irreais" os orzamentos

Afirma que recolle partidas previstas de ingresos que difícil que se cumpran

Os grupos do PP e PSOE aprobaron os orzamentos do Concello de Piñor para este 2021, mentres Espazo Común votou en contra porque considera que as previsións de ingresos están infladas e que "os orzamentos non atenden as necesidades reais do concello".

Este grupo da oposición califica de irreais os orzamentos porque "aparecen partidas previstas de ingresos que é difícil que se cumpran. Sirva como exemplo o que acontece coa taxa do lixo; o ano pasado a recadación ascendeu a uns 29 mil euros e este ano está previsto recadar máis de 60 mil euros", polo que engade que "resulta difícil de crer que se duplique esa cantidade se temos en conta que non se modificou a ordenanza". 

Outra das razóns aducidas por Espazo Común para votar en contra foi a cantidade de diñeiro que se lle paga á Mancomunidade do Carballiño polos servizos sociais. "Xa son máis de 66 mil euros, asegurando que cando se prestaba directamente polo concello tiña máis calidade e custaba ben menos".

Ademais, sosteñen dende Espazo Común, que "son uns orzamentos que non cobren a prestación dos servizos básicos que ten que prestar o concello", sinalando que non entenden como se o ano pasado se puxo como escusa para non limpar as fosas sépticas a falta de medios económicos, "vai ser posible este ano con menos fondos no orzamento. Finalmente, lamenta este grupo que todas esas preguntas "quedaron sen resposta".

Te puede interesar