Servicios

Espazo Común reclama en Carballiñp un local para persoas con discapacidade

O grupo municipal Espazo Común rexistrou unha moción mediante a que insta ao Concello do Carballiño a negociar coa Xunta de Galicia unha cesión directa a Asdifica (Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño e Comarca) dos espazos da parte baixa da Estación de autobuses. En caso de non poder conseguir dita cesión, Espazo Común pide que o Concello entregue á entidade unha listaxe das posibilidades reais con que conta para ofrecerlles un local.

A asociación leva xa varios anos de constante crecemento e entre as súas encomiables funcións está prestar apoio e facilitar a vida diaria e a integración social e laboral dos seus asociados, insiste Espazo Común. Deste xeito, presta atención a máis de 100 persoas de maneira regular.

"Con moi escasos recursos, son quen de ofrecerlles servizos como o de fisioterapia, o de rehabilitación, o de asistencia psicolóxica, cursos ou mesmo o de orientación laboral", engade, e asegura que "incluso durante os confinamentos, estiveron a levar a termo un seguimento constante da situación de todos e cada un dos asociados, un colectivo especialmente castigado pola pandemia".

Por todo elo, este grupo da oposición incide na necesidade que ten Asdifica dun espazo adecuadamente habilitado, amplo e de fácil acceso, que facilite a súa labor.

Te puede interesar