Espazo Común reclama información sobre o asilo de O Carballiño

O grupo municipal Espazo Común remitiu ao alcalde, Francisco Fumega. una solicitude para a presentación de documentación relativa á Residencia Irmáns Prieto na xuntanza de portavoces a que se comprometeu o rexedor, segundo indican, para o próximo 9 de febreiro.

Este grupo da oposición pide que se presenten os estatutos do patronato; o inventario de bens da Fundación Irmáns Prieto; documentación relativa á situación da xestión dos bens ubicados fóra do Carballiño; que aporte tamén o alcalde unha explicación do modelo de xestión dende que as Hermanitas de los Ancianos Desamparados deixaron a institución.

Ademais, pide os balances económicos e inventario de bens remitidos á Xunta de Galicia nos últimos cinco anos, entre outra documentación.

Por outra parte, o Colectivo Veciñal Carballiño comunica que se suma á manifestación prevista para mañá, ás 12,00 horas, na Praza Maior, na defensa da residencia. “Despois da confusión creada entre os veciños polas noticias aparecidas e as dúbidas con respecto ó camiño que segue a xestión desta institución e ante a alarma xeral, o Colectivo Veciñal Carballiño está na obriga de apoiar esta iniciativa. Agardamos que se respete unha das señas de identidade deste pobo e da súa comarca”, sinala, reclamando transparencia.

Te puede interesar