O espectáculo “Cubo” chegará a Carballiño en setembro

AUDITORIO MANUEL MARÍA
photo_camera O Auditorio Manuel María de O Carballiño.

O Auditorio Manuel María do Carballiño será o escenario o vindeiro 24 de setembro para a representación de “Cubo”, o espectáculo teatral da compañía Elefante Elegante que este verán estará na programación do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística e impulso ao galego posto en marcha pola Xunta de Galicia.

“Cubo” é un espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixido a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo, deste xeito, os arquetipos de xénero.

Xira

A compañía fixo un primeiro pase da obra o pasado 30 de xuño no Centro Sociocultural de Santa Marta de Santiago de Compostela, e comezará a xira en setembro, sendo Carballiño o único Concello da provincia de Ourense onde se poderá ver esta representación de FalaRedes, que tamén está programada en Cangas, Betanzos, Burela, Lalín, Ferrol e Noia.

Te puede interesar