Espiñedo contará con novo céspede e drenaxe

O Carballiño 8/5/22
Fútbol en espiñedo
Arenteiro-Navalcarnero

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Martiño Pinal
O proxecto, xa adxudicado en 186.622 euros, inclúe a mellora do sistema de rego e do drenaxe do terreo de xogo

O Concello do Carballiño promove a reforma do campo de fútbol municipal de Espiñedo de cara a unha nova tempada. As obras xa foron adxudicadas á empresa Coviastec e incluirán accións como o cambio de céspede, a mellora da drenaxe do campo e un novo sistema de rego, moito máis completo e moderno que o actual.

Club Deportivo Arenteiro afrontará a súa nova tempada na Segunda División RFEF cun terreo de xogo con melloras importantes con respecto ao seu primeiro curso na liga da Real Federación Española de Fútbol. 

O Concello do Carballiño destinará un investimento de 186.622 euros a desenvolver traballos de mellora no terreo de xogo que é a referencia indiscutible para os afeccionados ao
fútbol da vila dende que botaba a andar o actual proxecto deportivo alá polo ano 1958.

Para facer realidade estas melloras no campo de Espiñedo o Concello contou cunha axuda económica aportada pola Deputación de Ourense.

O proxecto a desenvolver pola adxudicataria das obras, a firma Covistec, terá como eixes principais de actuación o cambio do céspede de Espiñedo, a renovación e mellora da drenaxe do terreo de xogo e un novo sistema de rego para o campo de fútbol.

O concurso resolveuse a favor da empresa de Maside polas melloras presentadas na súa oferta, entre elas a calidade do céspede co que se dotará ao campo de xogo e o sistema de rego, xa que a proposta de Coviastec inclúe 35 aspersores, fronte aos 28 que figuraban no proxecto que se sacou a concurso, segundo informa o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, que destacou a importancia desta reforma para o deporte local.

O prazo para realizar os traballos é de tres meses e medio.

Te puede interesar