Os eventos masivos ameazan as árbores do parque carballiñés

<p></p>
photo_camera O arquitecto Óscar González expón a súa ponencia no Congreso do Centro Chamoso Lamas.

Esta é a principal conclusión da ponencia que abriu o X Congreso do Centro Chamoso Lamas 

As árbores senlleiras do parque municipal están ameazadas pola celebración de eventos masivos. Esta é a conclusión á que chegaron os investigadores Diego Reboredo e Juan José Álvarez na ponencia "Importancia, historia e xestión do parque municipal do Carballiño e plan de xestión do arbolado urbano", coa que se abriu o X Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que comezou onte en Cabanelas e se prolongará ata mañá lunes.

Estes investigadores amosaron os efectos que eventos masivos como a Festa do Pulpo, que chega a congregar no parque a 70.000 persoas, afectan ao arbolado do entorno, destacando as feridas e os danos nas raíces e nos troncos pola colocación de bares e postos. Como solución, reclaman medidas preventivas, como marcar zonas de protección e realizar tarefas de reparación e mantemento tras estas celebracións masivas.

O Congreso foi inaugurado polo presidente do Centro de Estudios, Xosé Luis Sobrado, e o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, que puxeron de relevancia o Centro de Estudios e o Congreso, que chegan á súa madurez tras vinte anos de andaiba. Entre os asistentes ao acto atopábase o alcalde de Maside, Celso Fernández, profesores, estudantes e membros do Centro de Estudios.

A escultura pública, a cunca do río Arenteiro, o barrio de flores e a fenoloxía da comarca foron outros temas relevantes desta primeira xornada. Así, o profesor Xavier Riomao fixo balance das esculturas públicas do Carballiño e dos avatares na realización dalgunhas. O arquitecto Óscar Gonzalez abordou a conservación do barrio de Flores e Xosé Luis Sobrado expuso a importancia do Arenteiro na configuración dos núcleos de poboación e dos cultivos na baixa Idade Media. Miguel García falou dos 26 anos de rexistro fenolóxico no Carballiño e pola tarde, o arquitecto Jorge Lamas analizou os novos achádegos en Pazos de Arenteiro.

Para hoxe, o protagonismo recaerá, entre outros temas, na historia da minería, mentres que pola tarde os asistentes ao Congreso poderán participar nunha visita guiada do casco antigo de Ribadavia e á cooperativa do Ribeiro.

Te puede interesar