Falta de bombeiros no parque de O Carballiño

El Parque de Bomberos está ubicado en el área industrial de Carballiño.
photo_camera El Parque de Bomberos está ubicado en el área industrial de Carballiño.

O BNG de Ribadavia faise eco das protestas dos bombeiros do parque do Carballiño-O Ribeiro, que está inoperativo dende as 09,00 horas de onte en que só contaba con un sarxento en horario presencial ata as 15,00 horas e dende as 15,00 horas de onte ata as 09,00 horas do día de hoxe, 3 de agosto, permanecendo pechado e polo tanto os 23 concellos aos que asiste “sen servizo de bombeiros”, segundo indican.

“Desgraciadamente, non é a primeira vez que isto sucede, e nos deixan sen servizo de bombeiros”, sinala o BNG, engadindo que “para as administracións responsables do consorcio de bombeiros do Carballiño-O Ribeiro, que son Deputación e Xunta, semella que isto carece de importancia ata que haxa unha desgraza en pleno verán”. Nese sentido, recorda que a CIG xa alertara en xullo sobre a falta de persoal, xa que quedando un só bombeiro de servizo vírase obrigado a coller unha baixa cando o mínimo por quenda ten que ser de tres.

Te puede interesar