A Feira de Abril celebrarase a finais de maio na Pista Roxa

A concellería de Turismo do Carballiño anunciou a celebración da Feira de Abril para os días 27, 28, 29 e 30 de maio, na Praza do Emigrante.
Para esta ocasión son máis de 20 os establecementos hosteleiros que apoiaran esta actividade, todos eles da zona coñecida como a Pista Roxa. Para ultimar a organización deste evento festivo o edil de Turismo, Manuel Dacal, reuniuse cos hosteleiros participantes. Dacal tamén anima a outros locais a apuntarse a esta iniciativa de promoción da hostelería, que terá continuidade en próximas datas coa Festa da Cervexa, que terá lugar na Praza Maior do pobo, co fin de diversificar os lugares de atracción de público.

Te puede interesar