FEIRA

A Feira da Pepa Loba enxalza aos panadeiros

<p></p>
photo_camera Francisco Fumega e Rosa Núñez (no centro) con membros da organización.

Exhibicións de oficios, música e espectáculo pola rúa durante tres días

Exibicións de vellos oficios, musica en directo, competicións de xogos populares, postos de artesanía, degustacións e teatro na rúa forman parte da programación que ofrece este ano a asociación "Tradicións e Buscas. Amigos e Veciños de Flores" que organiza un ano máis a Feira Festa de Artesanía Pepa Loba, que se celebrará os próximos venres, sábado e domingo. A impulsora de esta iniciativa, Rosa Núñez, acompañada de outros membros da entidade, actores de Tiruleque Teatro e representantes municipais, entre eles o alcalde, Francisco Fumega, anunciou que esta 21 edición está dedicada os forneiros e panadeiros, recreando aos profesionais que cocían nos fornos de Señorín, onde se conservan algunhas destas xoias, entre elas a que recentemente restaurou Manuel Mosquera, que data do 1780, e ao que a organización lle agradece a súa inestimable colaboración para recabar información sobre as panadeiras.

Mañá inaugúrase a feira ás 20,30 horas coa exhibición dos vellos oficios, as Pandereteiras de Mandrás e unha conferencia de Xosé Luis Sobrado, rematando cunha queimada popular. O sábado sairá a cuadrilla da Pepa Loba, ás 19,30 horas da Praza dos Liborianos, recorrendo a rúa principal, e rematando o seu espectáculo na Eira de Flores. Ademais das pandereteiras haberá cantares de cego e actuarán Blues do País, Anda Soa e Tres galeguiños. O domingo seguirá a festa cun xantar popular.

Te puede interesar