Cultura

Os seis poemas galegos de Lorca inspiraron a XIII Festa da Palabra

photo_camera La Ínsua dos Poetas (Carballiño) homenajeó y recordó este sábado la figura del poeta, dramaturgo y prosista español Federico García Lorca.

Os premiados nesta nova edición e o público recibiron un facsímile cos escritos orixinais e fotografías do autor andaluz

A Insua dos Poetas converteuse un ano máis no centro da cultura e das artes coa celebración da Festa da Palabra, que estivo dedicada aos Seis poemas en galego de Federico García Lorca. Alí, naquela paraxe desbordante de natureza e esculturas dos máis ilustres artistas galegos déronse cita os premiados desta nova edición, autoridades, artistas, escritores, músicos e veciños, que disfrutaron dunha xornada literaria e de exaltación da cultura galega.

Luis González Tosar saudaba a todos os asistentes e lembraba a figura do republicano granadino asasinado. Disculpaba a ausencia do mantedor, Xesus Alonso Montero, e daba lectura ao seu panexírico, referíndose a “un poeta universal que decidiu falar na nosa lingua”. Tosar adiantaba que a XIV edición da Festa da Palabra rendirá homenaxe ao grupo Brais Pinto. 

Cada un dos premiados recibía unha peza de Acisclo Manzano. Así, foron pasando polo escenario Yolanda Castaño, Premio de Literatura; María del Carmen González, en representación do Orfeón do Carballiño, Premio de Música; en Iniciativa Social, representantes da Fundación Amaranta; de Emigración, o premio foi otorgado a Diego Martínez, que o recolleu o seu amigo Tosar; en Comunicación o recibiu a periodista de La Región, Maribel Outeiriño; en Emprendemento, Marisol Novoa, presidenta da CEO e en Artes Plásticas, a título póstumo, foi para Vidal Souto, que o recolleu a súa irmá María Carmen.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, destacaba á artista Soledad Penalta, autora da primeira escultura dunha muller na Insua dos Poetas. O conselleiro do Medio Rural, José González, ensalzaba a figura de García Lorca, sinalando que “nel recóllese a importancia do noso rural, da Galicia máis profunda”. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, referíase a que “o esforzo feito por parte dos impulsores deste recoñecemento como polos galardoados merece todos os eloxios por potenciar o valor de Galicia e da nosa identidade común”. O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembraba que “celebramos os 40 anos do estatuto, gracias a el podemos seguir divulgando a nosa cultura”. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, pechaba as intervencións falando da relación do poeta andaluz cos galegos da Habana, Bos Aires e Montevideo, “e sobre todo coa nosa lingua, na que escribiu os Seis poemas galegos, a obra máis traducida e difundida da literatura galega”, ao mesmo tempo presentou o cartafol co que se agasallou ao público, unha edición facsimilar dos poemas de Lorca, con prólogo de Eduardo Blanco-Amor,  e cuxos textos orixinais manuscritos están na biblioteca da Deputación.

Ademais, actuaron Teo Cardalda, Os Sarandeiros, Orfeón do Carballiño e a Banda da Loba

Te puede interesar