Unha festa pechou o programa social de acollida no Carballiño

Os rapaces sométense a unha sesión de maquillaxe. (Foto: Martiño Pinal)
Máis de 70 nenos e nenas do Carballiño que participaron nos meses de xullo e agosto no ‘Aula intercultural’ e no programa ‘Familias madrugadores’ celebraron onte unha festa de clausura no colexio infantil.
A concienciación dos rapaces nos hábitos saudables para a súa alimentación, os obradoiros de aprendizaxe de artesanía e elaboración de pan e a formación en diferentes áreas de coñecemento foron os obxectivos dos programas ‘Familias madrugadoras’ e ‘Aula intercultural’, desenvoltos pola Concellería de Servizos Sociais do Carballiño nos meses de xullo e agosto.

E unha vez rematadas as xornadas, os máis de 70 nenos e nenas que participaron nas actividades foron invitados a unha gran festa no colexio infantil ubicado no Campo da Feira municipal. Acompañados polas moni toras do plan ‘Concellos Saudables’ e os seus familiares, os rapaces disfrutaron dende o mediodía con maquillaxe e disfraces e un pequeno ágape, amenizado por unhas animadoras.

Intercambio

Ademais, recibiron da concelleira de Servizos Sociais, Asunción Rivero, unhas camisetas conmemorativas dos ‘almorzos saudables’. A edil socialista lembrou que ‘no programa familiar demos acollida a uns 60 nenos e nenas en réxime de gardería, xa que os seus pais non poden atendelos debido ás súas ocupacións laborais’. Asunción Rivero tamén fixo referencia ó ‘Aula intercultural’, onde ‘os nenos inmigrantes comparten as súas experiencias cós nados no Carballiño, intercambiando costumes e linguaxe’.

Te puede interesar