FETEGA

O festival de teatro capta tamén a atención nas rúas do Carballiño

fetega
photo_camera A praza da Veracruz acolleu o espectáculo "Don Gelati", de Dani García. (JOSÉ PAZ)
Hoxe mércores, a Veracruz acolle "Cartoons", mentres que o no Auditorio se representa "Curva España"

O Festival do Teatro Galego (Fetega) chegou á súa segunda xornada cunha aposta polos espectáculos de rúa na praza da Veracruz do Carballiño. Tra-lo éxito de público da compañía ÍO e a súa montaxe do luns "Catro segundos", onte pola tarde foi a quenda de Dani García,  que ofreceu "Don Gelati", o vendedor de xeados que co seu carriño é quén de facer maxia.

O Auditorio municipal voltou a acoller a función de noite, a cargo da compañía Contraproducións, con Patricia Vázquez e Rebeca Montero na obra "Compañeira de piso", mentres, á medianoite, na Casa da Cultura, o monologuista Fran Campos convertíase no "Pare Merino". Neste mesmo centro cultural, ó mediodía de hoxe estará Raquel Queizás con "Toin toin", un espectáculo para os máis cativos.

A compañía Excéntricas actúa tamén hoxe mércores na Veracruz, ás 19,00 horas, con "Cartoons", e a compañía Chévere ofrece no Auditorio, ás 22,00 horas, "Curva España", e o terceiro monólogo cómico do festival corresponderá a Víctor Grande, con "A vida pasa voando".

Te puede interesar