Fondo de Cea impulsa a renovación das súas rúas

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, onde comprometeu unha axuda da institución provincial para mellorar a depuradora municipal. “Unha actuación imprescindible porque temos varios elementos da EDAR con certo deterioro, que é necesario arranxar”, sinalou o rexedor.

Manuel Baltar e José Luis Valladares tamén avanzaron o compromiso do goberno provincial para o acondicionamento e humanización de varias rúas do lugar de Fondo de Cea, ademais de confirmar a colaboración en diversas iniciativas culturais que organizará o Concello nos próximos meses. “Coma sempre, é perfecta a dispoñibilidade da Deputación e, persoalmente, o compromiso do seu presidente, Manuel Baltar. Coa colaboración do goberno provincial poderemos levar a cabo estas actuacións, que mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños”, resaltou José Luis Valladares ao término da reunión no Pazo Provincial.

Te puede interesar