fotografía

A fotógrafa de Magnum Cristina García Rodero dará unha máster class

Diego Fernández e Manuel Blanco.
photo_camera Diego Fernández e Manuel Blanco.
A asociación fotográfica O Potiños inclúe esta clase dentro do programa Arenteiro Fotográfico

A fotógrafa da Axencia Magnum Cristina García Rodero impartirá no Carballiño unha máster class sobre o proceso creativo dunha reporteira. A clase está prevista para os días 23 e 24 do próximo mes de novembro, organizada pola Asociación Fotográfica O Potiños, dentro da súa programación do Arenteiro Fotográfico.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, destacou esta iniciativa que atraerá ao Carballiño a moitos amantes da fotografía, ao mesmo tempo que felicitaba á entidade por apostar pola formación.

O presidente de O Potiños, Manuel Blanco, referiuse ao logro que supón contar "cunha artista que está na élite mundial". Engadiu que a clase maxistral terá unha duración de 12 horas e que en principio desenvolverase no hotel Arenteiro para 35 ou 40 alumnos. Blanco tampouco descarta que sexa necesario ampliar a participación tendo en conta a gran expectación que está tendo nas redes sociais, polo que se a demanda para asistir é moito maior, é posible que a clase se traslade ao Auditorio Manuel María. "Somos a asociación fotográfica máis antiga de Galicia e agora tamén a máis envidiada", puntualizaba Manuel Blanco, ao poder contar con Cristina García Rodero, da que dixo que "é unha gran comunicadora que se mezcla coa xente". Tamén se referiu ao interés da fotógrafa por o pulpo á feira do Carballiño.

O custo da asistencia é de 140 euros e o período de inscrición, que pode realizarse a través do Facebook e Instagram de O Potiños, e tamén da páxina web desta asociación, finaliza o próximo 25 de outubro. Manuel Blanco matizaba que é posible que se peche antes no caso de cubrir prazas.

Te puede interesar