Os fundadores do Cine Clube avalan ós novos directivos

Un grupo de 12 xóvenes carballiñeses constituiu unha xestora para facerse cargo das riendas do Cine Clube, unha entidade que fora fundada no ano 1973 por un grupo de afecionados ó audiovisual, e que desapareceu como tal hai case unha década.
Un dos recuperadores desta organización, Ricardo Paz, apuntou que 'somos un grupo de persoas que pretendemos poñer en marcha unha programación estable de cine, aproveitando a nova infraestructura de proxección instalada no Auditorio municipal'.

A xestora conta co apoio e colaboración dos 'históricos' do antigo Cine Clube, 'como son Miguel Anxo Fernández, Xosé Prada e José Luis Diz, entre outros', indicou Ricardo Paz. O obxectivo é facer unha campaña de captación de socios 'e así poder iniciar as sesións audiovisuais en novembro'.

Te puede interesar