Galicia Calidade explica as liñas de traballo ós empresarios

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou onte tres das empresas certificadas na provincia de Ourense por esta marca dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para presentarlles as principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar ás empresas que contan con este selo de garantía.

De este xeito, reuniuse cos responsables de Bodegas Nairoa, adega situada en Arnoia que elabora viños de diferentes variedades desde 1999 dentro da Denominación de Orixe Ribeiro; e tamén se trasladou ata O Carballiño para manter un encontro cos propietarios da Confitería Cerviño, empresa familiar desta vila que aposta por elaboracións artesanais dos seus doces.

A xerente de Galicia Calidade visitou finalmente  Nor-Ibérica de Bebidas, localizada no Concello de Maside e adicada a elaborar augardentes e licores de gran calidade. 

Nestas xuntanzas que mantivo nos tres concellos das comarcas de Carballiño e O Ribeiro, Ana Méndez puido coñecer de primeira man as súas inquedanzas e recoller as súas suxerencias.

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental

Te puede interesar