O CARBALLIÑO

O goberno local 
ampliará o convenio coa asociación Afaor

O Concello estuda ampliar o tempo de atención e o número de enfermos de alzheimer beneficiado.

Os 15 carballiñeses que están a participar nos cursos organizados baixo o convenio asinado entre a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaor) e a área municipal de Benestar Social do Concello de Carballiño, celebraron unha festa de Nadal nas dependencias de Bo Día Familia, coa que tamen despediron o curso 2015.

Acompañando ós participantes neste acto, ademáis dos seus famliares, estiveron tamen o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a edil de Benestar, Marina Ortega, e o de Cultura, Diego Fernández.

Todos coincidiron no beneficioso dos cursos e obradoiros que se están a impartir con Afaor, “así como a gran axuda que están a ofrecer desde este colectivo tanto ós enfermos de alzeheimer como os seus familiares, asesorando e informando de xeito minucioso para poder levar mellor esta enfermidade”.

Tanto Fumega como Ortega anunciaron ós asistentes que no 2016 continuarán con este convenio con Afaor, baraxando a posibilidade de ampliar o tempo de atención e o número de beneficiarios destas accións, segundo apuntaron.

Te puede interesar