O CARBALLIÑO

O grupo Cambio de Punxín insta ó fomento
 da natalidade

O grupo municipal Cambio Intelixente de Punxín presentou dúas mocións para o seu debate plenario, orientadas ó fomento da natalidade e á creación dun centro de día para os maiores.

O grupo municipal Cambio Intelixente de Punxín presentou dúas mocións para o seu debate plenario, orientadas ó fomento da natalidade e á creación dun centro de día para os maiores. O voceiro desta formación política, Joaquín Moldes, destaca que "Punxín é un dos municipios con menor número de habitantes da provincia e conta cunha poboación moi envellecida", e que, polo tanto, é necesario promover medidas para evitar o estancamento e a caída demográfica. Neste sentido, solicita que a Corporación aprobe a concesión dunha subvención a fondo perdido de 500 euros anuais ás mulleres empadroadas no municipio, por cada fillo nacido ata que cumpra tres anos de idade. Ademais, propón, entroutras medidas, que os servizos sociais do Concello presten unha especial atención ás mulleres xestantes.

Por outra banda, Cambio Intelixente considera prioritaria a creación dun centro de día, dotado con equipamiento de atención sociosanitaria, e onde poidan recibir atención especializada as persoas maiores con algún grao de deterioro físico ou cognitivo, discapacidade sensorial ou de mobilidade. Este servizo posibilitaría que os usuarios poidan continuar vivindo no seu domicilio, de xeito que se melloraría a atención á súa recuperación funcional, sen esquecer o seguemento dos seus problemas médicos, según Joaquín Moldes.

Te puede interesar