O CARBALLIÑO

Un grupo de veciños crea unha candidatura en Irixo

Trátase dunha candidatura veciñal, cuios impulsores afirman estar preocupados "pola situación social xeral e do Irixo en particular"

Un grupo de veciños do Irixo traballan na formación dunha candidatura, na que se prescindirá de siglas políticas, e con vistas a optar ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Trátase dunha candidatura veciñal, cuios impulsores afirman estar preocupados "pola situación social xeral e do Irixo en particular", e que por ese motivo "levamos tempo traballando, reuníndonos de xeito frecuente, na formación dunha candidatura veciñal", sinalan. O próximo 28 de marzo elixirán ós integrantes da lista mediante unha votación que se fará na casa do pobo de Marnotes, entre as 19,00 horas e as 21,00 horas. Engaden que "invitamos a todas as veciñas e veciños do Irixo, maiores de 16 anos, a participar na elección das persoas que formarán a nosa candidatura". Os impulsores apostan pola política municipal transparente, aberta e participativa, a defensa dos servizos públicos, o respecto escrupuloso polo medio natural e polo patrimonio, o recoñecemento das parroquias e tamén polas políticas activas de emprego e de protección dos máis débiles, segundo afirman. n
 

Te puede interesar