HOMENAXE

Homenaxe a Juan Corral e a súa dona en Carballiño

coral_carballino_1_result
photo_camera Diego Fernández, Francisco Fumega e Avelino Corral, diante do monolito dedicado a Juan Corral e a súa dona.

Acollerá o día 11 un concerto a cargo da Banda Unión Musical de Valladares

O Carballiño acollerá o próximo sábado, día 11, unha homenaxe a Juan Corral e á súa dona Matilde.  Consistirá nun concerto extraordinario da Banda Unión Musical de  Valladares e promóvese co gtallo do aniversario da colocación dun monolitona praza da rúa que leva o seu nome. O concerto, que será aberto ao público, terá lugar ás 16,30 horas na devandita praza, aínque que se o tempo non o permite, trasladarase ao auditorio municipal.

O evento foi presentado onte polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e un dos fillos do homenaxeado, Avelino Corral, que promove o concerto en nome da familia. Francisco Fumega agradeceu a iniciativa da familia Corral, especialmente de Avelino, sinalando que  “unha vez máis temos que agradecer á familia Corral a súa deferencia por traer ao Carballiño un concerto desta calidade en honor aos seus pais. Don Juan, ademáis de ser o fundador e profesor do colexio no que estudiamos moitas xeracións de carballiñeses, era unha persoa dunha gran afección á música, e de aí este acto do 11 de novembro, que é sábado e o día de SanMartiño, e que se ofrecerá pola xentileza dos seus fillos, cun pasarrúas previo, ás 16,00 h, pola rúa do Paseo ata esta praza”.

Pola súa parte, Diego Fernández sumouse a este agradecemento asegurando que se trataba “dun acto cun gran significado, tanto pola homenaxe como pola calidade do concerto. A Banda Unión Musical de Valladares foi fundada no ano 1902. Conta con máis de 70 compoñentes e ten gravados cinco discos. Está dirixida por José Iglesias Ramilo e ten a súa propia Escola de Música. Trátase dun concerto extraordinario que todos os carballiñeses poden disfrutar nesta praza, ou no auditorio se o tempo non axuda, ás catro e media da tarde, cun pasarrúas previo.

Te puede interesar