Os hosteleiros repiten as tapas para os seus clientes

Locais de hostelería que participaron na primeira ‘Olimpiada da Tapa’ do Carballiño ofrecerán ós seus clientes entre o 13 de marzo e o 24 de abril os mesmos pinchos que elaboraron para o concurso, anticipando a celebración da ‘Feira de Abril’, que se desenvolverá no mes vindeiro.

Unha meirande parte dos 14 establecementos hosteleiros que participaron na primeira edición da ‘Olimpiada da Tapa’ do Carballiño acordaron seguir ofrecendo racións de pinchos durante os vindeiros venres de marzo e abril. Esta foi unha das conclusións ás que chegaron os propietarios dos locais co concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, na xuntanza mantida o pasado mércores.

O edil apuntou que ‘os hosteleiros manifestaron o seu agra do pola celebración da primeira olimpiada e o interese por manter unha liña de colaboración cara o futuro’.

A feira de abril Deste xeito, os locais de hostelería invitarán ós seus clientes coas mesmas tapas coas que concursaron no certame de xaneiro e febreiro, dende o venres 13 de marzo ata o venres 24 de abril. Precisamente será esta última data a fixada para o comezo dunha nova edición da ‘Feira de Abril’ do Carballiño, que rematará o domingo 26. Manuel Daca adiantou que ‘haberá establecementos que estiveron inscritos na olimpiada que tamén se integrarán nesta feira, decorando os seus locais cun toque andaluz e servindo tapas típicas do sur español, coma son os peixes fritos, as olivas e o viño xerezano’.

Te puede interesar