A humidade rexistrada na primavera reduciu un 10% a colleita na Ribeira Sacra

A colleita de uva na Denominación de Orixe Ribeira Sacra rondará os catro millóns de quilos nesta campaña, según as estimacións dos técnicos do Consello regulador. Á espera do remate da vendima -previsto para esta vindeira fin de semanarecolléronse 3,9 millóns de quilos, correspondentes a 95 das 100 adegas adscritas á denominación vitivinícola, dos que 3,5 millóns son da variedade de uva mencía, 229.000 de garnacha e unos 107.000 de godello.
A producción final rexistra un descenso do 10% con respecto á campaña do pasado ano, na que se recolleron 4,5 millóns de quilos polos 5,2 do 2006 e 5,3 millóns do 2005. Os técnicos do Consello regulador indican que coa cifra de catro toneladas ‘cúmprense as expectativas e que a lixeira basada deste ano débese á climatoloxía de primavera’. Neste sentido, apuntan que ‘na época de floración, o tempo foi moi húmido e parte do froito non cuallou, aínda que a colleita resultou de alta calidade debido a que dende mediados de setembro o tempo seco e soleado axudou á boa maduración da uva e as choivas ocasionais neste periodo non tiveron repercusión’.

Deste xeito, sairán ó mercado algo máis de 3,5 millóns de botellas de viño, ‘unha producción que previsiblemente se distribuirá na súa totalidade despois das boas ventas da pasada campaña’, tal e como indicaron fontes da Denominación de orixe. Ademais, adiantan que ‘o ano aínda depara outras boas novas para A Ribeira Sacra, entre elas o cambio de sede do Consello Regulador ás dependencias do que será o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, na antiga Casa do Concello de Monforte’.

Te puede interesar