’Ilusións’ fotográficas no Carballiño

Imaxes da exposición da fotógrafa Luisa Lorenzo.
A Casa da Concello do Carballiño acolle a exposición ’Ilusións’ da Asociación Fotográfica O Potiños, con 19 imaxes da carballiñesa Luisa Lorenzo, que mixtura paisaxe e monumentos coa técnica dixital. Outro fotógrafo do colectivo, Albert Brull, expón ’Complicidades’ no Centro Comarcal.
A asociación fotográfica O Potiños do Carballiño mantén abertas dúas exposicións na vila do Arenteiro ata o día 29 de febreiro. A primeira é unha escol ma de 19 imaxes captadas por Luisa Lorenzo e que levan o título xenérico de ’Ilusións’, que poden admirarse no acceso interior da Casa do Concello.

Esta fotógrafa afecionada do Carballiño mixtura e enmarca figuras humanas en paisaxes e monumentos ó traverso da técnica dixital, conseguindo uns resultados sorprendentes.

Outro membro de O Potiños, o catalán Albert Brull, presenta a súa colección ’Complicidades’ na sala de exposicións do Centro Comarcal. Nela, recóllense retratos de toda a xente que rodea ó autor, amigos e familiares, aínda que Brull non apareza.

Te puede interesar