O CARBALLIÑO

Un informe da Secretaría de San Amaro advirte sobre a insolvencia do Concello

O alcalde, Ernesto Pérez, declarou que si aumentou a 110 días o pago a proveedores únicamente se debeu ó retraso no pago de dúas facturas do 2014

O grupo municipal socialista de San Amaro alerta sobre un informe de Secretaría-Intervención relativo a falta de solvencia do concello. "A gravidade da situación é tal que, nun futuro non moi lonxano, o Concello de San Amaro pode verse abocado a declararse en quebra, posto que non cumpre coas súas obrigas de estabilidade financeira segundo as normas do propio Ministerio de Facenda e Administracións Publicas", sinalan. Asegura este grupo da oposición que a interventora fixo a súa terceira advertencia ao pleno da Corporación, "segundo a cal vai ser difícil, por non dicir imposible, cumprir coas obrigas que establece a normativa no pago a proveedores (excedendo con moito os prazos que dicta a Lei 2/2012 de Estabilidade Orzamentaria e Sostebilidade Financieira), xa que existe un déficite estrutural de Tesourería, debido ao impago recorrente das facturas da auga á empresa Geseco, S.A (concesionaria do servizo da auga)", insisten. Engade o PSdeG, que a situación é tal, que de pagar á empresa, o concello quedará sin liquidez para pagar ao resto dos preveedores. "A todo este despilfarro e desatención, hai que engadir, o rosario de débedas contraídas que vai causar o colapso da Tesourería do concello, segundo o informe da interventora", puntualizan.

O alcalde, Ernesto Pérez, declarou que si aumentou a 110 días o pago a proveedores únicamente se debeu ó retraso no pago de dúas facturas do 2014, por criterios técnicos da propia interventora, e que aos autónomos se lles está abonando en menos de 30 días. O rexidor confirmou que xa se liquidaron os 14.000 euros polo servizo do 2014 e so quedan 2.600 euros a Gas Natural-Fenosa.

Aínda que recoñece que hai un informe negativo, rexeita as críticas dos socialistas sobre a mala situación económica, e recorda que se cerrou o 2015 cun remanente de tesorería de 342.914 euros e un superávit de 3.447 euros.

Te puede interesar