INSTALACIONES MUNICIPALES

A instalación deportiva da Uceira será ampliada

<p></p>
photo_camera Instalacións deportivas da Uceira, no Carballiño.

Un novo anexo acollerá unha sala multiusos e uns aseos públicos

As instalación deportivas da Uceira, no Carballiño, disporán en breve de un anexo no que se habilitará unha sala multiusos, sobre todo dedicada a reunións, e baños públicos, do que carecía ata agora a infraestrutura municipal. O proxecto ten un custo global de 48.398 euros, e para a súa execución o Concello conta cunha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia por un importe de 33.878 euros, o cal supón o 70% do orzamento. O resto da inversión nesta nova instalación, 14.520 euros, será asumida con fondos propios municipais.

A nova construción irá emplazada entre o actual edificio dos vestiarios do campo de fútbol e a grada. A instalación deportiva da Uceira tiña unha imperiosa necesidade de contar con servizos públicos, xa que ata agora só hai nos vestiarios para uso propio dos xogadores. Así mesmo, tampouco se conta cunha sala onde se poidan celebrar reunións, polo que esta nova construción arranxará estas carencias. O Concello procederá a licitar este proxecto en próximas fechas con vistas a dispor destes servizos canto antes, segundo sinalou o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal, que destaca esta obra como unha máis destinada a mellorar as instalación deportivas.

A axuda pediuna o Concello, acolléndose á orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecían as bases reguladoras e se convocaban subvencións para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2019.

Te puede interesar