O Instituto Chamoso Lamas acadou a Carta Erasmus

O Instituto Manuel Chamoso Lamas de Carballiño ven de acadar recentemente a Carta Erasmus para Institucións de Educación Superior, con vixencia para o período 2014 a 2020. Deste xeito, o centro poderá ser beneficiario da totalidade das accións dos Programas Europeos para a Formación, e fundamentalmente do programa Erasmus+, evolución dos anteriores Leonardo e Ereasmus, dirixidos específicamente á Formación Profesional e ós estudios universitarios. Co proxecto do presente curso, 'Carballiño en Europa', serán cinco alumnos os que se poderán beneficiar das prácticas no estranxeiro.
As institucións que, como o Instituto Manuel Chamoso Lamas, acadan a Carta poden participar en accións de mobilidade para a aprendizaxe, de xeito que alumnos de Formación Profesional do Centro poderán realizar prácticas de traballo nunha empresa de calquera estado membro da Unión Europea durante un período de tres meses, contando ademáis co apoio dunha beca.

O outorgamento da Carta Erasmus tamén permite a realización de actuacións de mobilidade para o profesorado, a través de programas de intercambio ou foros. Ademáis dos centros integrados de Formación Profesional, este do Carballiño, xunto co 12 de Outubro e o de Xinzo, foron os tres institutos elexidos da provincia.

Te puede interesar