Os institutos organizan as Xornadas pola Ciencia

Isabel Álvarez, Ana Lousado, Diego Fernández e Aurelio Rodríguez.
photo_camera Isabel Álvarez, Ana Lousado, Diego Fernández e Aurelio Rodríguez.
O Concello do Carballiño e os representantes dos centros educativos uniron esforzos para organizar esta iniciativa, que se desenvolverá do 17 ao 21 de abril 

Carballiñeses de recoñecido prestixio no ámbito da investigación e alumnado dos institutos da vila protagonizarán a primeira edición das Xornadas pola Ciencia.

O Concello e os representantes dos centros educativos uniron esforzos para organizar esta iniciativa, que se desenvolverá do 17 ao 21 de abril e que pretende animar aos rapaces a divertirse e aprender sobre esta materia.

O cardiólogo Eduardo Barge; o físico e Premio Nacional de Meteoroloxía, Miguel García Pérez, e a química e investigadora Marga Vázquez serán os poñentes desta iniciativa que rematará cunha feira científica dos estudantes na Praza Maior.

 A iniciativa foi presentada polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; as representantes do IES Número 1, Isabel Álvarez e Ana Lousado, e o director do IES Chamoso Lamas, Aurelio Rodríguez.

Almudena Mosquera, directora do IES Nº 1, asegurou que tanto o alumnado como os docentes “están desexando divertirse coa ciencia nunhas xornadas que agardamos que se sigan repetindo no futuro”.

Te puede interesar