ENTREVISTA

Manuel Penedo: “En O Irixo hai xente moi emprendedora"

Foto carballiño
Pleno en O irixo y entrega premio dioxina de la fundación ADEGA a Manuel penedo
18-12-12
photo_camera Manuel Penedo.

Manuel Penedo Paradela leva 28 anos ó frente da Alcaldía do Irixo e de novo preséntase como candidato ás eleccións municipais do 24 de maio polo Partido Popular.

Manuel Penedo Paradela leva 28 anos ó frente da Alcaldía do Irixo e de novo preséntase como candidato ás eleccións municipais do 24 de maio polo Partido Popular. Síntese orgulloso de moitos logros e asegura que o máximo potencial deste Concello é a súa xente, que é moi emprendedora.

Satisfeito con estes últimos catro anos de goberno?


En xeral si, porque se fixeron bastantes cousas a pesares da crise e tratando de aforrar o máximo posible para que en caso de necesidade, non ter problemas.

Cumpliu con todas as expectativas?

Nunca das cumplido todas as expectativas, porque os cartos nunca chegan ás ideas, pero estou satisfeito porque pese a unha crise impresionante, puiden atender as necesidades dos veciños.

Cales pensa que son as maiores potencialidades do Irixo?

Neste concello sempre houbo xente moi emprendedora. Nos anos 60 moitos veciños emigraron a Francia, Suiza e outros países, e así foi como o Irixo empezou a despegar, e agora é un concello cun nivel de vida bastante aceptable.

A gran superficie e a dispersión, constitúen un problema?

É un problema dos máis serios dos 28 anos que levo na Alcaldía, xa que en extensión somos o segundo da provincia e non é o mismo ter 40 núcleos de poboación que 106 para achegar os servizos a todos, pero pouco a pouco vaise conseguindo e fóronse dando os servizos básicos a todos, empezando polo alumeado, despois a traída de auga e finalmente o saneamento.

Cales son os seus principais obxectivos?

Primeiro, aprobar o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal)neste ano para crear un parque empresarial, co fin de poder ofertar solo ás empresas e fixar poboación; tamén imos construir un paseo polo Viñao; e xa sacamos nestes días a concurso unha auditoría enerxética co fin de seleccionar unha empresa que reduza o consumo. Tamén pretendo contactar coa empresa que se faga cargo da base de mantemento do AVE, co fin de orientar ós veciños a que presenten o curriculum, porque chegará a xerar ata 80 postos de traballo. Temos en proxecto, ademáis, crear unha ruta de senderismo, que se adxudicará no vindeiro mes e que comunicará as covas restauradas de Irixo con Castro Orros, Cidá, Chousa dos Moros e Castro de Souteliño.

Os parques eólicos tamén aportan riqueza?

Vanse executar tres e eso aumentará os ingresos do Concello. Teño a intención de destinar parte á contratación de catro novas auxiliares a domicilio para chegar a prestar axuda ata 35 persoas. Para nós é unha prioridade prestar axuda a unha poboación bastante envellecida, e aínda así non cubriremos o 100% da demanda.

Daquela houbo enfrentamentos entre veciños a favor e en con- tra da planta. Esquecéronse as diferencias? 

Foi das máis conflictivas, pero cando se presenta un a alcalde ten que estar ás duras e ás maduras. O certo é que o superei o mellor que puiden e quero decir que si lle faltei ó respecto a alguén, só me queda pedir perdón e seguir tirando para adiante e traballando polo Irixo.

Daquela houbo enfrentamentos entre veciños a favor e en contra da planta. Esquecéronse as diferencias?

Pola miña parte todas, pero algo aínda queda e procuro non lle dar demasiada importancia. Se alguén ten algo que decir que o diga e soluciónanse as diferencias.

O colexio do Irixo acaba de ser galardoado co premio Galicia Saudable. Que lle parece?

Aproveito para felicitar ós profesores, directivos e nenos polo premio e polo programa de actividades extraescolares que están desenvolvendo. Tamén quero destacar o programa de ximnasia que levamos a cabo dirixido ás persoas maiores e a labor de potenciación da Banda de Gaitas.

Te puede interesar