PRAIA FLUVIAL

O Irixo legalizará unha praia fluvial tras 16 anos de espera

<p></p>
photo_camera Manuel Penedo, ó fondo, preside a sesión plenaria, con Pérez e Fariñas á dereita.

A Corporación asumiu unha moción socialista para a limpeza do Viñao e o remate das obras

O equipo municipal de goberno do Irixo deberá realizar os trámites necesarios ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a legalización das obras que o Concello executou no ano 2000 a fin de crear unha praia no río Viñao. Ó menos este é o acordo tomado pola Corporación na sesión ordinaria celebrada na mañá de onte, na que se deu apoio unánime a unha proposta do grupo socialista neste sentido.

O voceiro do PSOE, Iago Fariñas, recriminou ó alcalde, Manuel Penedo, do PP, a paralización do expediente sancionador incoado pola Confederación sobre este proyecto, no que, hai 16 anos, o Concello gastou 330.000 euros, e 30.000 euros máis en 2004 para tentar legalizalo. O rexedor non quixo entrar nese debate e limitouse, xunto cos seus cinco concelleiros, a votar a favor da moción, que tamén apoiou o edil de Fai O Irixo, Florentino Pérez.

Na proposta aprobada tamén se contempla solicitar do organismo de xestión dos ríos a limpeza do cauce fluvial ó seu paso por A Ponte, núcleo da capitalidad municipal, ou a autorización para retirar os lodos acumulados no seu fondo e que foron arrastrados coincidindo cos traballos de construcción da liña do AVE. Ademais, a praia fluvial precisa dunha dotación para duchas e vestiarios que, segundo Fariñas, "nunca foron acondicionados".

Tanto o concelleiro socialista coma Florentino Pérez voltaron a expresar o seu malestar pola non inclusión na orde do día do pleno dun total de seis mocións, xa que só figuraba neste a referente á praia fluvial, e a proposta de Fai O Irixo orientada á inclusión, no catálogo de "árbores senlleiras de Galicia", de tres exemplared existentes noutras tantas localidades do Irixo. Concretamente, Pérez propuxo o castiñeiro de Surribas, a corticeira de Munín e a carballa das Campinas, árbores que superan os 100 anos de antigüidade. Finalmente, o grupo popular accedeu a apoiar a proposta, que tamén contou co visto bó de Fariñas.

Te puede interesar