Os 'irmandiños' rexeitan bases de formigón no Parque Municipal

O responsable no Carballiño do Encontro Irmandiño, Andrés Fernández, calificou de 'agresión medioambiental e paisaxística ó Parque Municipal' a construcción que ten previsto executar o Concello, de plataformas de formigón a ras do chan para ser ocupadas polas pulpeiras nas festas, e nas que contarán cos servizos de abastecemento e saneamento.
Fernández tamén engadiu que 'estamos falando de políticas de austeridade e pretende gastar nestas obras 40.000 euros'. O Encontro Irmandiño considera que as carencias de suministro de auga e saneamento pódense solventar doutra maneira.

Te puede interesar