Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense

José Luis Valladares: "Necesitamos que a xente invista en restauración porque lle vai ser rendible"

José Luis Valladares considera o pan de Cea e o turismo como principais motores económicos do seu municipio e invita a investir fundamentalmente en restauración, que é a carencia máis acuciante nestes momentos.

Como valora os resultados electorais?

É unha valoración moi positiva porque respaldoume o 72% dos veciños do censo, o que me anima a seguir traballando como se fose a primeira vez que me presentara. Teño ganas, teño ilusión para facer o que facemos os alcaldes: traballar, traballar, traballar. Penso que me apoiaron porque o traballo estaba ben feito, e ese respaldo foi para a candidatura, integrada por xente preparada e leal.

Os obxectivos principais?

A atención ao 100% dos dependentes, con máis horas e todos os días da semana para que non se sintan desamparados. En economía, queremos que os panadeiros non desaparezan e por iso imos formar a futuros profesionais; e potenciar a Festa do Pan e o concello como destino turístico co mosteiro, o museo e a Vía da Prata. Tamén imos incentivar ás empresas que queiran instalarse en Cea e axudar á compra u aluguer de vivendas

Pensa que ó pan de Cea se lle está sacando o máximo rendemento?

A demanda que hai é superior á oferta e o noso interés é que se formen novos panadeiros porque é un pan coñecido en casi todo o mundo e hai que sacarlle rendibilidade a eso.

Ten demanda o parque empresarial?

Pasamos por unha crise económica e hai que ir pouco a pouco para que edifiquen os que compraron as parcelas. Agora temos seis naves e unha está a punto de rematar.

¿O novo albergue de Oseira tivo repercusión en Cea?

Si, vén moita xente, acuden masivamente tanto ó de Cea como ós dous de Oseira. É un lugar idóneo para investir e invito á xente a que o faga porque temos necesidade de máis restauración e vaille ser rendible. Cáusame moita tristeza que os peregrinos non poidan comer e que teñamos que mandalos fora. Por iso van ter todas as facilidades para investir en Cea. Que a xente se decida, só ten que ter gañas de traballar.

Te puede interesar