Un libro rende homenaxe ó doutor Rodríguez Míguez

El Centro de Estudios Chamoso Lamas presentó este lunes el libro "Aqua Vitae", un homenaje al doctor Luís Rodríguez Míguez, coordinado por Juan Rodríguez, miembro del colectivo, y editado por el Concello de Carballiño

O Centro de Estudios Chamoso Lamas presentou o libro “Aqua Vitae”, homenaxe ao doutor Luís Rodríguez Míguez, coordinado por Juan Rodríguez, membro do colectivo, e editado polo Concello do Carballiño.

O presidente, Carlos Rodríguez, lembraba que a iniciativa púxose en marcha cando ocupaba a presidencia da entidade Xosé Luís Sobrado, e agradecía a colobación do Concello, especialmente do alcalde, Francisco Fumega, que tamén fixo unha aportación de investigación á obra.

Sobrado destacou a gran importancia do doutor Míguez na dinamización do termalismo, sobre todo para o seu uso sanitario, e por iso aspiraba á creación dun Instituto Termal de Galicia. Así mesmo, referíase aos grandes vínculos que tiña con Carballiño como membro do centro de estudos e onde tiña moitos amigos. Asegurou tamén que era un home “extraordinario, con moita retranca, amante da boa mesa, da cultura e da ciencia”.

Juan Rodríguez agradeceu que lle confiasen a coordinación de este libro que conta con 11 aportacións, entre elas dous premios nacionais: Manuel Gallego Jorreto e Miguel Angel García; fotografías e láminas de Xesús Carballido, Zeta e María José González.

Te puede interesar